luns, 25 de abril de 2022

Letras Galegas 2022: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN


Florencio Delgado Gurriarán é o protagonista das Letras Galegas do 2022. Para que poidades profundar na vida e obra do autor deixamos ao voso dispor varias ligazóns con actividades interesantes e divertidas. 

Desfrutádeas 😀

Primavera das Letras da Real Academia Galega

Actividades interactivas do Seminario Galán

domingo, 27 de febreiro de 2022

23 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O pasado 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía con algunhas actividades. O alumnado de Infantil deixounos unha fermosa mostra das palabras contidas nos seus versos.

E as persoas de Infantil do Equipo de Biblioteca elaboraron este precioso mural. 


E para rematar  compartimos unha fermosa versión musicada do poema de Rosalía Adiós ríos, adiós fontes cantada por Amancio Prada:





sábado, 19 de febreiro de 2022

É tempo de Entroido! Mandadiño 2022

É tempo de Entroido e dende o CEIP Bergantiños comezaremos a semana cun pouco de troula...

Aquí tedes o Mandadiño deste curso 2022. 



luns, 22 de novembro de 2021

SOLIDARIEDADE COA ILLA DA PALMA.


 Dende o CEIP Bergantiños queremos mandar todo o noso apoio e agarimo para as nenas e nenos de La Palma que por mor da explosión do volcán non poden desenvolver a súa vida cotiá con normalidade. 

 

Para iso, participamos no proxecto "UNA CARTA, UNA SONRISA", e enviarémoslles unhas cartas cheas de ilusión e aloumiños usando o máis valioso que temos: a nosa lingua. 


Velaquí tedes algún exemplo do gran traballo que fixemos!