xoves, 22 de abril de 2021

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO




A Conferencia Xeral da UNESCO, celebrada en París en 1995, decidiu render unha homenaxe universal aos libros e aos seus autores e autoras na data do falecemento de dúas enormes figuras da literatura universal: Miguel de Cervantes e William Shakespeare. (A data mantense a pesar das inexactitudes históricas)

E agora a buscar xa o teu próximo libro!

Se non se che ocorre ningún, podes entrar na plataforma GaliciaLe, onde poderás acceder a máis de 4500 préstamos electrónico de xeito gratuíto.

Despedímonos con esta frase célebre de Miguel de Cervantes: “O QUE LE MOITO E ANDA MOITO, VE MOITO E SABE MOITO”