martes, 24 de novembro de 2020

25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres


Conmemoramos este día co fin de denunciar e erradicar calquera tipo de violencia contra a muller. Neste sentido a educación xoga un papel fundamental na súa prevención.

Animámosvos a escoitar agora ao grupo MBCP (Máis boas cás patacas) coa súa canción: “Son muller”. Gañadora do Primeiro premio na categoría xuvenil, do II Certame de música infantil e xuvenil “Quero Cantar”.






venres, 20 de novembro de 2020

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

 Hoxe 20 de novembro celébrase o Día Universal da infancia.



É un día para concienciar dende a escola e a sociedade en xeral que, sen importar a nosa orixe, cultura, crenza... a infancia é unha etapa fundamental onde deben prevalecer os dereitos (á educación, á saúde, á vida familiar...)mantendo aos pequenos e as pequenas sempre protexidos ante calquera tipo de discriminación, violencia ou abuso.

No noso colexio convivimos persoas de diferentes culturas, así que a mellor forma de celebralo é compartir un momento de música de diferentes países.

Preparados para bailar e gozar un ratiño?


Comezamos con cancións populares galegas. Non podían faltar !

Bos días

Pousa,pousa

Ondiñas veñen 

Seguimos cunha canción xaponesa:

https://youtu.be/Y3cPq5vmXng

Podedes ler a súa tradución ao castelán:

Letra de Aoki Nagayoshi, música de Yanada Tadashi.

Donguri korokoro, donburiko
Oike ni hamatte, sā taihen
Dojō ga dete kite, konnichi wa
Botchan, issho ni asobimashō

La bellota rueda, y luego se zambulle
En el estanque. ¿Qué voy a hacer?
La locha llega nadando; “Hola, ¿qué tal?
Juguemos juntos, pequeña bellota”.

Donguri korokoro, yorokonde
Shibaraku issho ni asonda ga
Yappari oyama ga koishi to
Naite wa dojō o komaraseta

La bellota rueda, se divierte,
Juega un rato, pero luego
Extraña mucho su casa en la montaña,
Llora tanto que la locha no sabe qué hacer.

Case para rematar, unha de tradición portuguesa:

Música portuguesa

Por último... ritmo africano!

Ritmo africano

Se queredes escoitar máis música dos diferentes continentes, preme aquí

FELIZ DÍA!

sábado, 7 de novembro de 2020

MÁIS RECEITAS CON CASTAÑAS!

 

Gustouche a receita de pasta con castañas? Preme na imaxe e descubre unha nova proposta de Bolboretas no bandullo ideal para degustar no magosto.





CANCIÓN: O RAP DO MAGOSTO.

Nos pasatempos incluíase esta canción do magosto. Anímate a cantala e bailala!


PASATEMPOS SAMAÍN

Preme na imaxe e poderás acceder aos pasatempos do magosto.



REFRÁNS DO MAGOSTO.



 Hai moitos refráns que fan referencia á festa do San Martiño. Aquí deixamos algúns que collemos emprestados da páxina de Orgullo Galego. Coñeces algún máis? Escríbeo nos comentarios.