luns, 30 de marzo de 2020

OCA CORONAVIRUS

Hoxe propoñémosvos un novo xogo. 

Trátase do tradicional xogo da oca pero con temática do coronavirus. Non podemos saír da casa pero si facer a estancia un pouco máis amena 😄. 


Antes de comezar a xogar tomade nota destas palabras: 



domingo, 29 de marzo de 2020

BENVIDA PRIMAVERA!

O pasado 20 de marzo comezou a primavera. 




As circunstancias para darlle a benvida non son as mellores. Por iso pensamos esta sinxela actividade para que poidades xogar coas vosas nenas e nenos e pasar mellor o confinamento.


Trátase dun xogo de memoria. Podedes descargar e imprimir o documento pdf.

Como se xoga?
Hai que poñer todas as cartas boca abaixo. Por quendas, dáselle a volta a dúas cartas para ver se son parella de iguais. Se non o son, temos que acordarnos do lugar onde estaba para a próxima quenda e intentar atopar a parella. 


Algún consello...
  • Dádelle moita cor a estas cartas de primavera!
  • Para que sexan un puco máis resistentes, poden pegarse a unha cartolina ou cartón e logo recortalas. 


Agardamos que vos guste e que xoguedes moito coas cartas de primavera. 

O EDLG QUEDA NA CASA PARA LOITAR CONTRA O VIRUS. 


luns, 9 de marzo de 2020

A PEOR XOGADA

Hoxe queremos compartir convosco o fantástico traballo realizado polas compañeiras e compañeiros do CEIP de Caión. O seu tema "A peor xogada" é un berro contra a violencia. Desexamos que teñan moito éxito e que esta canción se volva un himno.





Lembra! Se ves que algún compañeir@ se porta mal con outr@, sé valente. Fala coa túa mestra, co teu mestre ou con outro adulto, eles tomarán as medidas axeitadas. Non hai lugar para o acoso no noso colexio.