martes, 15 de outubro de 2019

A CABALGATA DAS VALKIRIAS


A Cabalgata das Valkirias é unha obra do compositor Richard Wagner. É unha das catro óperas que forman O anel do Nibelungo. 


A historia destas óperas comeza en Alemaña, no río Rin. Alí, as fadas ondinas custodian un ouro máxico. O anano nibelungo Alberich, ao sentirse rexeitado polas fadas ondinas que coidan o ouro do río, decide roubalo ouro e forxar un anel máxico. Este anel concederalle ao seu portador o poder de dominar o mundo, mais tamén a maldición de renunciar para sempre ao amor. Moitos seres míticos loitan polo anel, ata Wotan, o líder dos deuses. O plan de Wotan para conseguir o anel durará moito tempo. Durante o proceso para conseguir o anel, hai aventuras e traicións. Ao final, a valquiria Brunilda, devolve o anel ao río Rin.



A Cabalgata das Valkirias, de Arthur Rackhman
 
A que é unha historia emocionante? A partires de agora, cando marches do colexio, recorda que estás escoitando a banda sonora dunha historia épica…

Se queres volver escoitar esta peza musical, pincha no enlace:






CURIOSIDADE: Sabías que Richard Wagner tardou máis de 25 anos en compoñer esta obra?

xoves, 10 de outubro de 2019

VEXO

Non é certo que ultimamente á hora da entrada un sorriso se instala na nosa cara? Ademais da alegría de ver cada día ás amigas e amigos e de embarcarnos cada mañá nunha nova aventura, súmase a enerxía positiva que nos transmite a canción que nos sinala a hora da entrada.
Velaquí os culpables:
Xabier Díaz, Guadi Galego, Guillerme Fernández e Xose Lois Romero.

Estes catro grandes asrtistas da música galega, despois de colaborar en diferentes proxectos, decidiron comezar unha andaina xuntos. Publicaron así aCadaCanto, un proxecto con trece cancións onde convinan temas propios con outros tradicionais. Deste proxecto sae VEXO, a canción que nos alegra as mañás. 

Aquí vos deixamos a letra, por se vos apetece aprendela e deleitar a todas e todos cun bo concerto.

Vexo como sae o sol
Cando abres os teus ollos
Cando abres os teus ollos
Vexo como sae o sol
Sinto quente toda a cara
E as meixelas pórse rubias
E as meixelas pórse rubias
Sinto quente toda a cara
Amence cando espertas,
o sol quece cando ris
sempre deixo a fiestra aberta
para escoitar o que me dis
Zoa o vento cando me falas
a tarde fas relucir
Vén a noite cando ti calas,
e outra vez vou durmir.


Se queres escoitala, preme na ligazón:

MÚSICA!

É ben sabido por todas e  todos que a música ten propiedades especiais. Cando escoitamos música que nos gusta, semella que a máxia percorre as nosas veas. As apócemas musicais axudan a mellorar o estado de ánimo, incrementan a concentración, reducen a ansiedade... 
Dende o colexio, queremos que esta maxia chegue a todas e todos e, para iso, a irritante serea cedeulle o seu traballo á reconfortante música. 
Seguide atentas e atentos ao recuncho das palabras para saber máis...