luns, 3 de febreiro de 2020

QUEN É QUEN?


Esta foto é do ano 1995. Por aquel entón, eu tiña só dous aniños...
Cando era pequena, os meus debuxos favoritos eran Doraemon e a peli que máis me gustaba era Heidi.
 Ademáis, desfrutaba moito xogando coas bonecas. Outra cousiña que che podo contar de min, é que o meu bocata favorito era o de chourizo e queixo.

Sabes xa quen son?





martes, 21 de xaneiro de 2020

QUEN É QUEN?


Ola! Cando tiña sete anos era moi travesa e gustábame moito comer xeados de amorodo e vainilla. Entre as miñas afeccións estaban o teatro, inventar historias e escribir contos de fantasía, hobbys que practico na actualidade aparte de falar noutras linguas:)

Sabedes xa quen son?

xoves, 12 de decembro de 2019

QUEN É QUEN?







Ola! Son..... (adiviñades?).




De nena gustábame moito ir a clases de baile tradicional galego xunto con outros nenos e nenas. Xogar coas bonecas era un dos meus pasatempos favoritos na casa e tamén xogar á corda e á goma no recreo cando ía á escola. Os meus debuxos favoritos eran os de Heidi e nunca me perdía ningún capítulo cando os botaban pola tele.

domingo, 1 de decembro de 2019

QUEN É QUEN?


Boas a todos e a todas!
Son unha das mestras de Educación Primaria que chegou nova ao colexio para este curso académico, o 2019-2020.
Como vedes na foto, cando era moi cativa era loura de ollos azuis, pero a día de hoxe son moi diferente. Non me parezo case nada á meniña da imaxe. Son todo o contrario, a nivel físico.
Son a irmá mediana de tres que somos na miña familia. Como case todos e todas, ou iso supoño, de pequena pasaba o día rifando e facendo rabear ás miñas irmás, sobre todo á máis pequena. Agora, a situación é ben distinta, xa que non podemos vivir as unhas sen as outras.
Os meus debuxos favoritos eran os de Dragon Ball Z. Encantábanme esa loitas e trifulcas que duraban como 10 ou 20 capítulos. Pero aí estábamos todos e todas cada día, esperando para velos.
Tamén me gustaban os programas e outros debuxos que emitise o Xabarín Club, na TVG.
Pero en realidade, debuxos víamos poucos, xa que pasabamos o día na rúa xogando, cos amigos/as e veciños/as, á mariola, ás gomas, andando coa bicicleta ou cos patíns,… Foron tempos estupendos! Só nos recollíamos para merendar un bocadillo de pan con chocolate ou unha peza de froita, ou porque xa era tarde para continuar nas rúas.





Adiviñades quen podo ser?

Un saúdo a todas e a todos!