martes, 11 de febreiro de 2020

QUEN É QUEN?

Se o penso ben, as miñas cousas preferidas non cambiaron tanto dende cativa. Sigo adorando a natureza e os animais, especialmente os paxariños. Tamén desfruto coma se fose pequena de comidas deliciosas, incluíndo os gusanitos! Sempre me gustou a tranquilidade e pasar tempo coas persoas que quero.

Adiviñaches xa quen son?


luns, 10 de febreiro de 2020

DÍGOCHO EU!

DÍGOCHO EU fai entretidos vídeos onde nos axuda a usar a lingua galega de xeito correcto, fuxindo dos erros que cometemos cada día.

Hoxe fálanos da palabra que usamos para referirnos aos proxenitores das nosas nais e pais, esas marabillosas persoas con prata nos cabelos e ouro no corazón. Xa sabes a quen nos referimos? Pulsa na ligazón para saber máis.


luns, 3 de febreiro de 2020

QUEN É QUEN?


Esta foto é do ano 1995. Por aquel entón, eu tiña só dous aniños...
Cando era pequena, os meus debuxos favoritos eran Doraemon e a peli que máis me gustaba era Heidi.
 Ademáis, desfrutaba moito xogando coas bonecas. Outra cousiña que che podo contar de min, é que o meu bocata favorito era o de chourizo e queixo.

Sabes xa quen son?





martes, 21 de xaneiro de 2020

QUEN É QUEN?


Ola! Cando tiña sete anos era moi travesa e gustábame moito comer xeados de amorodo e vainilla. Entre as miñas afeccións estaban o teatro, inventar historias e escribir contos de fantasía, hobbys que practico na actualidade aparte de falar noutras linguas:)

Sabedes xa quen son?