martes, 23 de febreiro de 2021

ROSALÍA DE CASTRO

 



Como cada 24 de febreiro, dedicamos este día para recordar a memoria e obra de Rosalía de Castro.

Premede na primeira imaxe e poderedes escoitar  "Rosalía pequeniña"  e a continuación o poema escrito.




Dende aquí podedes acceder tamén a diferentes recursos:
 infantil 


Por último e se vos animades, a Fundación que leva o seu nome e a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s   fan un chamado a dar unha alborada global no Día de Rosalía;  e que a pandemia non nos silencie!

Tal como se cita na súa web:

"Arriba todas, / rapaciñas do lugar!, / que o sol i a aurora xa vos vén a dispertar. / Arriba! / Arriba, toleirona mocidad!, / que atruxaremos cantaremos o ala... lá...!!!"

Viva Rosalía! Avante a Alborada!

Premede aquí para ver toda a información e feliz día!






venres, 12 de febreiro de 2021

ENTROIDO


Aquí vos deixamos os pasatempos coa temática do entroido. 



E agora a repasar un pouco de vocabulario!

sábado, 30 de xaneiro de 2021

30 de xaneiro: DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

 


Esta semana con motivo da conmemoración do Día Escolar da Non Violencia e da Paz, o alumnado de infantil e primaria decorou pezas de crebacabezas, para elaborar un mural para cada unha das etapas. O lema escollido foi “CONSTRUÍNDO UN MUNDO MELLOR”.

A través da actividade aprendemos vocabulario relacionado: paz, amizade, solidariedade, ledicia, amor, perdón, diálogo, bondade, agarimo, empatía, respecto, escoitar, axuda, bicos, compartir, sorriso, apertas,…

Así de orixinais quedaron. Moitas grazas a todos e a todas pola vosa colaboración!



 Ademais onte á entrada e saída do colexio, puidemos escoitar  a canción A peor xogada” (A música das baleas), gañadora  do concurso “Quero Cantar”. Nela  destácase a necesidade de empregar o diálogo e a palabra fronte a calquera tipo de violencia.





domingo, 24 de xaneiro de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN


 

A Asamblea xeral das Nacións Unidas proclamou o 24 de xaneiro, Día Internaciónal da Educación.

A educación é un dereito humano,  que debe partir da igualdade de oportunidades para todos os nenos e nenas.

Neste 2021, o lema céntrase na recuperación e a revitalización para unha xeración enteira que se viu afectada pola pandemia da COVID-19, onde a educación foi uns dos aspectos mais afectados. Millóns de nenos e nenas non puideron ir á escola, afectando aos mais vulnerables, especialmente nos países mais pobres con falta de recursos. E aínda que se fixeron verdadeiros esforzos, non foi posible unha educación de  calidade a distancia para todos e todas.

Neste 2021 o virus volve a rexurdir, polo que millóns de estudiantes seguirán véndose afectados.

Quedámonos con esta frase célebre de Nelson Mandela: “A educación é a arma mais poderosa para cambiar o mundo”

Bo día!