sábado, 30 de xaneiro de 2021

30 de xaneiro: DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

 


Esta semana con motivo da conmemoración do Día Escolar da Non Violencia e da Paz, o alumnado de infantil e primaria decorou pezas de crebacabezas, para elaborar un mural para cada unha das etapas. O lema escollido foi “CONSTRUÍNDO UN MUNDO MELLOR”.

A través da actividade aprendemos vocabulario relacionado: paz, amizade, solidariedade, ledicia, amor, perdón, diálogo, bondade, agarimo, empatía, respecto, escoitar, axuda, bicos, compartir, sorriso, apertas,…

Así de orixinais quedaron. Moitas grazas a todos e a todas pola vosa colaboración!



 Ademais onte á entrada e saída do colexio, puidemos escoitar  a canción A peor xogada” (A música das baleas), gañadora  do concurso “Quero Cantar”. Nela  destácase a necesidade de empregar o diálogo e a palabra fronte a calquera tipo de violencia.





domingo, 24 de xaneiro de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN


 

A Asamblea xeral das Nacións Unidas proclamou o 24 de xaneiro, Día Internaciónal da Educación.

A educación é un dereito humano,  que debe partir da igualdade de oportunidades para todos os nenos e nenas.

Neste 2021, o lema céntrase na recuperación e a revitalización para unha xeración enteira que se viu afectada pola pandemia da COVID-19, onde a educación foi uns dos aspectos mais afectados. Millóns de nenos e nenas non puideron ir á escola, afectando aos mais vulnerables, especialmente nos países mais pobres con falta de recursos. E aínda que se fixeron verdadeiros esforzos, non foi posible unha educación de  calidade a distancia para todos e todas.

Neste 2021 o virus volve a rexurdir, polo que millóns de estudiantes seguirán véndose afectados.

Quedámonos con esta frase célebre de Nelson Mandela: “A educación é a arma mais poderosa para cambiar o mundo”

Bo día!

sábado, 19 de decembro de 2020

PASATEMPOS NADAL


 

 Decora a túa caixiña de agasallos, repasa vocabulario do nadal  e para finalizar, atrévete cunha receita moi doce!


BO NADAL!

xoves, 3 de decembro de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE

 

Hoxe celebramos o Día Internacional da Discapacidade. Levaranse a cabo diferentes actividades de concienciación, dando así visibilidade ás persoas con diversidade funcional e promovendo os seus dereitos e benestar persoal.

Preme na imaxe  para ver unha divertida curtametraxe sobre as barreiras arquitectónicas







Aprendemos vocabulario:

Diversidade funcional, dereitos, barreiras arquitectónicas, discriminación, igualdade, desenvolvemento, estimulación temperá, inclusión social e laboral, lingua de signos, persoas xordas, cadeira de rodas, pictogramas,…