luns, 8 de novembro de 2021

O NOSO SAMAÍN

 

Sabías que? Malia que moitas persoas consideran o Samaín unha copia do Halloween, en relidade non é tal. O Samaín era unha festa celta que foi levada ata os Estados Unidos polos emigrantes que ata alí foron buscar fortuna.

O Samaín é noso, e temos que sentir orgullo de celebrar esta festa. Queres saber máis? Non deixes de ver o vídeo que fixemos para explicarcho todo!

Preme neste enlace! O NOSO SAMAÍN





luns, 17 de maio de 2021

LETRAS GALEGAS: DARÍO A DIARIO

 Rematamos a semana dedicada a Xela Arias con música.

Pinchade na imaxe para escoitar a "A Banda da Loba" co seu videoclip "Darío a diario". 

Esta e outras cancións inclúense no último traballo discográfico da banda "Hasme oír", dedicado integramente á autora. 




xoves, 13 de maio de 2021

LETRAS GALEGAS: PASATEMPOS


Aquí vos deixamos estes pasatempos para seguir poñendo a proba os vosos coñecementos sobre Xela Arias:

PRIMARIA



INFANTIL

mércores, 12 de maio de 2021

LETRAS GALEGAS: XINCANA



 Nesta semana todos os niveis de Infantil e Primaria estamos a participar nunha xincana. Debido á situación derivada da COVID, cada aula realiza a actividade nunha sesión diferente, pero igualmente estámonos divertindo moito e, por suposto, aprendendo un pouco máis sobre Xela Arias.

Seredes capaces de contestar a todas as preguntas? 

Comezamos!