domingo, 27 de febreiro de 2022
23 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
sábado, 19 de febreiro de 2022
É tempo de Entroido! Mandadiño 2022
É tempo de Entroido e dende o CEIP Bergantiños comezaremos a semana cun pouco de troula...
Aquí tedes o Mandadiño deste curso 2022.
luns, 22 de novembro de 2021
SOLIDARIEDADE COA ILLA DA PALMA.
Dende o CEIP Bergantiños queremos mandar todo o noso apoio e agarimo para as nenas e nenos de La Palma que por mor da explosión do volcán non poden desenvolver a súa vida cotiá con normalidade.
Para iso, participamos no proxecto "UNA CARTA, UNA SONRISA", e enviarémoslles unhas cartas cheas de ilusión e aloumiños usando o máis valioso que temos: a nosa lingua.
Velaquí tedes algún exemplo do gran traballo que fixemos!
luns, 8 de novembro de 2021
O NOSO SAMAÍN
Sabías que? Malia que moitas persoas consideran o Samaín unha copia do Halloween, en relidade non é tal. O Samaín era unha festa celta que foi levada ata os Estados Unidos polos emigrantes que ata alí foron buscar fortuna.
O Samaín é noso, e temos que sentir orgullo de celebrar esta festa. Queres saber máis? Non deixes de ver o vídeo que fixemos para explicarcho todo!
Preme neste enlace! O NOSO SAMAÍN
