martes, 14 de maio de 2019

DEZ DÍAS PARA C0ÑECER A ANTÓN FRAGUAS

10.- O SEU LEGADO.

Antón Fraguas faleceu o 5 de novembro de 1999. Despois do seu pasamento, creouse a fundación Antonio Fraguas no Museo do Pobo Galego, co obxecto de “proxectar, conservar e dinamizar o patrimonio que Fraguas e toda a xeración representada por el crearon e rescataron para a conservación futura da memoria de Galicia”.

EU PEDINLLE LEITE Á VACA
A VACA PEDIUME A HERBA,
EU PEDINLLE A HERBA AO PRADO,
O PRADO PEDIUME A REGA.
 Texto recollido por Antón Fraguas.

Xa coñeces as actividades do SEMINARIO GALÁN ? Anímate a visitar A PRIMAVERA DAS LETRAS! Atoparás máis información e actividades sobre o homenaxeado nas Letras Galegas. 

DEZ DÍAS PARA COÑECER A ANTÓN FRAGUAS

9.- GAÑADOR DE NUMEROSOS PREMIOS.


Entre outros, foi galardoado cos seguintes premios:

- No 1973: nomeárono “Pontevedrés do ano”.

- No 1984: foi galardoado co Pedrón de Ouro.

- Recibiu o título de fillo adoptivo de Santiago de Compostela e a medalla de prata da cidade.
- 1985: recibe o premio Trasalba da fundación Otero Pedrayo.


Queres saber máis? Anímate a descubrir máis sobre a vida de Antón Fraguas e xogar premendo no seguinte enlace:
SEMINARIO GALÁN

luns, 13 de maio de 2019

DEZ DÍAS PARA COÑECER A ANTÓN FRAGUAS

8.- O MUSEO DO POBO GALEGO:


No 1963 foi nomeado director do Museo Municipal de Santiago. Este museo pasará a chamarse Museo do Pobo Galego e, Antón Fraguas, converterase no seu presidente.



 Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela

Queres saber máis? Anímate a descubrir máis sobre a vida de Antón Fraguas e xogar premendo no seguinte enlace:
SEMINARIO GALÁN




DEZ DÍAS PARA COÑECER A ANTÓN FRAGUAS

7.- O SEU DISCURSO NA REAL ACADEMIA GALEGA.

O seu discurso de ingreso como membro numerario da Real Academia Galega foi a análise dunhas coplas que se cantaban nas ruadas de Loureiro de Cotobade: Roseiras e paxariños nas cantigas dun serán.



Quen me dera ter a min
a gargantiña dun galo,
cantar coma un reiseñor,
falar coma un papagaio

Unha das coplas que contiña o discurso de Antón Fraguas

Queres saber máis? Anímate a descubrir máis sobre a vida de Antón Fraguas e xogar premendo no seguinte enlace:
SEMINARIO GALÁN