domingo, 7 de marzo de 2021

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER



A “Agenda 2030 para el Desarrollo Sostenible” aprobada en setembro de 2015 por Nacións Unidas, incorpora o compromiso coa igualdade de xénero de forma integral e transversal. Concretamente o seu Obxectivo 5, refírese ao deber da comunidade internacional ao logro da igualdade de xénero e o empoderamento de todas as mulleres e nenas.

Dende hai varios anos, o Goberno Galego mantén entre as súas prioridades o fomento da educación en igualdade, a promoción da igualdade de xénero no ámbito educativo e a concienciación do alumnado de que “cada un pode ser o que queira ser, sen importar se es muller ou se es home".

A igualdade de oportunidades ten que ser pois o punto de partida de todas as persoas; e o resultado, aquel que cada unha constrúa co seu esforzo, co seu traballo e co seu talento.

A continuación, premendo nas imaxes, podedes acceder a diferentes recursos para Infantil e Primaria.