sábado, 24 de outubro de 2020

PASATEMPOS DE SAMAÍN

 


PASATEMPOS INFANTIL.

PASATEMPOS PRIMARIA.


Preme na imaxe para acceder ao documento cos pasatempos correspondentes.

VOCABULARIO DO SAMAÍN

Un bo xeito de celebrar Samaín é contando historias terroríficas! Para iso é importante dominar ben o vocabulario relacionado co tema. Aí vai unha pequena axuda!


Anímate a crear historias de medo! 


venres, 23 de outubro de 2020

A MEIGA DOS DENTES VERDES

 

Esta publicación só é apta para persoas afoutas. Se non é o teu caso, para de ler de contado!



Queres coñecer á meiga que habita en Carballo? Preme na imaxe baixo a túa responsabilidade.

 ILUSTRACIÓN DE NOEMÍ LÓPEZ

MÚSICA NO SAMAÍN

 No Samaín toca mover o esqueleto! Anímate con esta canción de Mamá Cabra!




A ORIXE DO SAMAÍN

Moitas persoas rexeitan a festa do Samaín porque a consideran unha festa estranxeira. Sabías que, en realidade, o Samaín ten a súa orixe nos celtas? Segue lendo para saber máis! 


O Samaín é a adaptación ao galego da palabra gaélica ‘Samhain’ que significa fin do verán, principio do inverno. E iso é precisamente o que celebraban os celtas hai máis de tres mil anos na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro: o fin da temporada de colleitas e o inicio do novo ano celta. Era, pois, un momento de transición no que as ánimas dos mortos volvían a este mundo, segundo algúns con boas intencións e segundo outros con non tan boas.


 

Algunhas crenzas aseguran que os mortos volvían a visitar aos familiares vivos, comer e quentarse co lume das lareiras, polo que era costume deixar comida e bebida na mesa, e o lume da lareira aceso toda a noite. E para guiar aos mortos ata os seus fogares na escuridade da noite, acendíanse fogueiras e caveiras de inimigos mortos. Pero hai quen cre que esas caveiras se acendían para espantar as perigosas ánimas defuntas e errantes que volvían para saldar algunha conta pendente. As caveiras foron substituídas posteriormente por nabos de gran tamaño e cabazas que se baleiraban e pintaban para que representasen caras, e ás que se lles metía dentro unha candea. Así xurdiu a tradición das cabazas de Samaín.

 

O cristianismo mantivo a data na que os celtas honraban aos mortos, pero substituíu a festa pagá do Samaín polo día de Todos os Santos. Precisamente a palabra Halloween, que designa esta festa en Estados Unidos, vén de “All Hallow’s Eve” (Vixilia de Todos os Santos). E foron os irlandeses os que levaron a festividade a América durante a súa emigración masiva de finais do século XIX e comezos do XX. O Halloween é a adaptación estadounidense do Samhain.

O Samaín galego segundo Rafael López Loureiro (mestre de Cedeira e un dos principais re-descubridores desta tradición en Galicia) os costumes do Samaín mantivéronse na nosa comunidade. O mestre relacionou os ritos célticos de honra aos mortos co culto á morte tan arraigado na Galicia tradicional, e mesmo diferenciou peculiaridades propias, como a tradición de Quiroga (Lugo) de secar as cabazas para conservalas e usalas como máscara no Entroido. Outros autores rexeitan esta relación, pero o certo é que o traballo de divulgación do profesor López Loureiro, xunto á influencia do Halloween americano, fixo que moi pronto se estendese e asentase a celebración deste novo Samaín.

 Unha das primeiras vilas en recuperar a festividade foi precisamente a do profesor López: Cedeira, onde celebran unha gran festa desde hai moitos anos con exposicións, concursos de cabazas, unha procesión de ánimas –que ben podería ser a imaxe da Santa Compaña– e mesmo uns premios.

En Narón (A Coruña) a Asociación de Veciños de San Mateo tamén comezou pronto a celebración desta data e pouco a pouco a festa foise estendendo a toda a xeografía galega.

A implantación do Samaín na nosa comunidade foi tan rápida e fonda que hai xa numerosas referencias culturais e a denominación propia xa ten desprazado o termo americano Halloween. Ademais de festivais e celebracións moi asentadas en diversas vilas, hai xa numerosa literatura infantil, cancións e outras expresións culturais.