martes, 11 de febreiro de 2020

NAS LETRAS GALEGAS 2020 O AUTOR HOMENAXEADO É...

RICARDO CARVALHO CALERO

Este é o autor homenaxeado este ano 2020 o Día das Letras Galegas.

Se queredes coñecer máis, non esquezades consultar o noso blog. Iremos actualizando información sobre o autor.

De momento, podedes botarlle un ollo a todos estes recursos dispoñibles aquí:   http://primaveradasletras.gal/


QUEN É QUEN?

Se o penso ben, as miñas cousas preferidas non cambiaron tanto dende cativa. Sigo adorando a natureza e os animais, especialmente os paxariños. Tamén desfruto coma se fose pequena de comidas deliciosas, incluíndo os gusanitos! Sempre me gustou a tranquilidade e pasar tempo coas persoas que quero.

Adiviñaches xa quen son?


luns, 10 de febreiro de 2020

DÍGOCHO EU!

DÍGOCHO EU fai entretidos vídeos onde nos axuda a usar a lingua galega de xeito correcto, fuxindo dos erros que cometemos cada día.

Hoxe fálanos da palabra que usamos para referirnos aos proxenitores das nosas nais e pais, esas marabillosas persoas con prata nos cabelos e ouro no corazón. Xa sabes a quen nos referimos? Pulsa na ligazón para saber máis.


luns, 3 de febreiro de 2020

QUEN É QUEN?


Esta foto é do ano 1995. Por aquel entón, eu tiña só dous aniños...
Cando era pequena, os meus debuxos favoritos eran Doraemon e a peli que máis me gustaba era Heidi.
 Ademáis, desfrutaba moito xogando coas bonecas. Outra cousiña que che podo contar de min, é que o meu bocata favorito era o de chourizo e queixo.

Sabes xa quen son?