luns, 22 de novembro de 2021

SOLIDARIEDADE COA ILLA DA PALMA.


 Dende o CEIP Bergantiños queremos mandar todo o noso apoio e agarimo para as nenas e nenos de La Palma que por mor da explosión do volcán non poden desenvolver a súa vida cotiá con normalidade. 

 

Para iso, participamos no proxecto "UNA CARTA, UNA SONRISA", e enviarémoslles unhas cartas cheas de ilusión e aloumiños usando o máis valioso que temos: a nosa lingua. 


Velaquí tedes algún exemplo do gran traballo que fixemos!


luns, 8 de novembro de 2021

O NOSO SAMAÍN

 

Sabías que? Malia que moitas persoas consideran o Samaín unha copia do Halloween, en relidade non é tal. O Samaín era unha festa celta que foi levada ata os Estados Unidos polos emigrantes que ata alí foron buscar fortuna.

O Samaín é noso, e temos que sentir orgullo de celebrar esta festa. Queres saber máis? Non deixes de ver o vídeo que fixemos para explicarcho todo!

Preme neste enlace! O NOSO SAMAÍN