O primeiro que debedes
saber de min é que o meu día preferido do ano é o do meu aniversario. Día que
sempre agardo con moita ilusión e ganas. Por este motivo non houbo un ano na
miña vida no que non o celebrase e por suposto soplar as velas non podía faltar.
O lugar que vedes nesa foto seguro que moitos e moitas xa o coñecedes, é o refuxio de Verdes. Alí teño pasado gran parte da miña infancia, acompañada cos meus avos e da miña familia. Que bos domingos aqueles nos que a sobremesa se estendía ata ben entrada a noite.
Outra parte importante da
miña vida é esta, o baile tradicional galego. Comecei moi pequeniña, con só 5
aniños inicieime no baile galego e tamén tocaba a pandeireta. Esta paixón
espertou grazas á miña irmán, ela contaxioume o gusto por este bonito mundo, e
a día de hoxe ambas seguimos disfrutando del.
E por último, contarvos un segredo, sempre fun un pouco paiasiña como poderes ver na foto. Rir é unha desas cousas marabillosas da vida que non custa nada. Así que ride sempre moito, que despois da tormenta sempre sairá o sol.
Sabedes xa quen son?
A miña profe Noe!
ResponderEliminarE a min doume baile con Adriana, e é a profe de meu irmán❤️
ResponderEliminarA profe Noemi
ResponderEliminarA profe Noemí
ResponderEliminarA profe Noe!
ResponderEliminar