domingo, 17 de maio de 2020

17 de maio: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe festexamos o Día das Letras Galegas homenaxeando a Ricardo Carvalho Calero. Feliz Día das Letras Galegas a todas e a todos!

CARBALLO OU CARVALHO?

Seguro que tamén vos preguntades por que para referirse ao apelido do autor se emprega Carvalho e Carballo. O escritor Séchu Sende e Maré A Muda sácannos de dúbidas:



FESTA DAS LETRAS GALEGAS EN CARBALLO

Tamén vos podedes unir á iniciativa do Concello de Carballo neste enlace (clicade sobre el e xa vos leva directamente):



PASATEMPOS DESCARGABLES

EDLG do Ceip Bergantiños quere compartir con vós uns pasatempos para o alumnado de Educación Infantil e tamén de Educación Primaria. Podedes descargalos aquí:


sábado, 16 de maio de 2020

Semana das Letras Galegas: desafíate!


Durante o confinamento os desafíos puxéronse á orde do día para facernos pasar mellor o tempo. Por iso, dende o colexio María Zambrano propóñennos algúns retos relacionados co autor homenaxeado, Carvalho Calero.
Animádesvos a probar? Como di o vídeo, non esquezades mandarnos foto ao enderezo de correo electrónico orecunchodaspalabras@gmail.com.




E para seguir aprendendo mentres nos divertimos, que mellor que xogar ao TRIVIAL? Esta versión tan especial foi elaborada polo CEIP Galán de Arteixo!  



venres, 15 de maio de 2020

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS:

Ricardo Carvalho Calero escribiu un conto chamado As pitas baixo a choiva. Gustáballe moito observar as pitas pero un día, de súpeto, comezou a chover e...queredes saber como segue?
Mirade este vídeo do Ceip Vilaverde-Mourente para sabelo!

E que vos parece facer as vosas propias pitas de papel? Deixámosvos tamén este tutorial de papiroflexia co que podedes aprender a facelas vós. 



xoves, 14 de maio de 2020

Semana das Letras Galegas: Pasapalabra de Ricardo Carvalho Calero


Queres comprobar dun xeito divertido todo o que sabes xa de Ricardo Carvalho Calero? Preme na imaxe e xoga online á ruleta de preguntas!





Precisas repasar antes de comezar? Non hai problema, podes ver este vídeo feito polas nenas e nenos do colexio Pio X (Ourense).



mércores, 13 de maio de 2020

Semana das Letras Galegas: vídeo e material descargable

Seguimos afondando na figura de Ricardo Carvalho Calero. Desta vez compartimos con vós este vídeo realizado por estas dúas mozas durante o confinamento. Quedoulles ben orixinal! 
Ademais propoñémosvos que fagades o voso propio caderno de palabras favoritas en galego. A nosa lingua é tan fermosa! Seguro que se vos ocorren moitas. No caderno xa tedes algunhas anotadas. 
Agardamos que vos guste💗

martes, 12 de maio de 2020

AS OBRAS DE RICARDO CARVALHO CALERO


Ricardo Carvalho Calero publicou numerosas obras. A maioría estaban relacionadas coas investigacións que fixo sobre a lingua galega, pero tamén publicou teatro e narrativa. Anímaste a atopar algunhas das súas obras nesta sopa de letras?
·      CATRO PEZAS.
·      TEATRO COMPLETO.
·      XENTE DA BARREIRA.
 ·      ESTUDOS ROSALIANOS.
 ·      AS PITAS BAIXO A CHOIVA.

Se queres imprimir este material para facer a sopa de letras, preme neste enlace: SOPA DE LETRAS OBRAS CARVALHO CALERO

luns, 11 de maio de 2020

Semana das Letras Galegas: Ricardo Carvalho Calero

Este domingo 17 de maio é o Día das Letras Galegas. O autor homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero. Queres coñecelo un pouco máis? Sigue lendo para poder completar a súa ficha persoal. Aquí algúns datos: