sábado, 19 de decembro de 2020

PASATEMPOS NADAL


 

 Decora a túa caixiña de agasallos, repasa vocabulario do nadal  e para finalizar, atrévete cunha receita moi doce!


BO NADAL!

xoves, 3 de decembro de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE

 

Hoxe celebramos o Día Internacional da Discapacidade. Levaranse a cabo diferentes actividades de concienciación, dando así visibilidade ás persoas con diversidade funcional e promovendo os seus dereitos e benestar persoal.

Preme na imaxe  para ver unha divertida curtametraxe sobre as barreiras arquitectónicas







Aprendemos vocabulario:

Diversidade funcional, dereitos, barreiras arquitectónicas, discriminación, igualdade, desenvolvemento, estimulación temperá, inclusión social e laboral, lingua de signos, persoas xordas, cadeira de rodas, pictogramas,…






                                                 A LINGUA DE SIGNOS       


As persoas xordas e xordocegas empregan a lingua de signos para comunicarse. Animádesvos a facer unha pequena presentación en lingua de signos?

Prestade atención!

         Ola!
Chámome
      


Tedes aquí o alfabeto dactilolóxico e un vídeo de apoio para deletrear o voso nome.




 
E se queredes aprender algún signo máis para saudar e presentarse, premede na imaxe: 





      
Unha cousa máis: as persoas xordas tamén teñen un signo propio, xa que estar deletreando o nome é máis canso e leva máis tempo. Este signo xeralmente ten que ver con algunha característica ou particularidade desa persoa. Por exemplo: se leva gafas, cor de ollos, o seu carácter, algo que lle guste moito (un deporte, unha cor, un alimento, un animal,…).

Que signo poderías ter ti?