A “Agenda 2030 para el Desarrollo
Sostenible” aprobada en setembro de 2015 por Nacións Unidas, incorpora o
compromiso coa igualdade de xénero de forma integral e transversal.
Concretamente o seu Obxectivo 5, refírese ao deber da comunidade internacional
ao logro da igualdade de xénero e o empoderamento de todas as mulleres e nenas.
Dende
hai varios anos, o Goberno Galego mantén entre as súas prioridades o fomento da
educación en igualdade, a promoción da igualdade de xénero no ámbito educativo
e a concienciación do alumnado de que “cada un pode ser o que queira ser, sen
importar se es muller ou se es home".
A igualdade de oportunidades ten que ser
pois o punto de partida de todas as persoas; e o resultado, aquel que cada unha
constrúa co seu esforzo, co seu traballo e co seu talento.
A continuación, premendo nas imaxes, podedes acceder a diferentes recursos para Infantil e Primaria.