xoves, 10 de outubro de 2019

VEXO

Non é certo que ultimamente á hora da entrada un sorriso se instala na nosa cara? Ademais da alegría de ver cada día ás amigas e amigos e de embarcarnos cada mañá nunha nova aventura, súmase a enerxía positiva que nos transmite a canción que nos sinala a hora da entrada.
Velaquí os culpables:
Xabier Díaz, Guadi Galego, Guillerme Fernández e Xose Lois Romero.

Estes catro grandes asrtistas da música galega, despois de colaborar en diferentes proxectos, decidiron comezar unha andaina xuntos. Publicaron así aCadaCanto, un proxecto con trece cancións onde convinan temas propios con outros tradicionais. Deste proxecto sae VEXO, a canción que nos alegra as mañás. 

Aquí vos deixamos a letra, por se vos apetece aprendela e deleitar a todas e todos cun bo concerto.

Vexo como sae o sol
Cando abres os teus ollos
Cando abres os teus ollos
Vexo como sae o sol
Sinto quente toda a cara
E as meixelas pórse rubias
E as meixelas pórse rubias
Sinto quente toda a cara
Amence cando espertas,
o sol quece cando ris
sempre deixo a fiestra aberta
para escoitar o que me dis
Zoa o vento cando me falas
a tarde fas relucir
Vén a noite cando ti calas,
e outra vez vou durmir.


Se queres escoitala, preme na ligazón:

Ningún comentario:

Publicar un comentario