Boas
a todos e a todas!
Son
unha das mestras de Educación Primaria que chegou nova ao colexio
para este curso académico, o 2019-2020.
Como
vedes na foto, cando era moi cativa era loura de ollos azuis, pero a
día de hoxe son moi diferente. Non me parezo case nada á meniña da
imaxe. Son todo o contrario, a nivel físico.
Son
a irmá mediana de tres que somos na miña familia. Como case todos e
todas, ou iso supoño, de pequena pasaba o día rifando e facendo
rabear ás miñas irmás, sobre todo á máis pequena. Agora, a
situación é ben distinta, xa que non podemos vivir as unhas sen as
outras.
Os
meus debuxos favoritos eran os de Dragon Ball Z. Encantábanme esa
loitas e trifulcas que duraban como 10 ou 20 capítulos. Pero aí
estábamos todos e todas cada día, esperando para velos.
Tamén
me gustaban os programas e outros debuxos que emitise o Xabarín
Club, na TVG.
Pero
en realidade, debuxos víamos poucos, xa que pasabamos o día na rúa
xogando, cos amigos/as e veciños/as, á mariola, ás gomas, andando
coa bicicleta ou cos patíns,… Foron tempos estupendos! Só nos
recollíamos para merendar un bocadillo de pan con chocolate ou unha
peza de froita, ou porque xa era tarde para continuar nas rúas.
Adiviñades
quen podo ser?
Un
saúdo a todas e a todos!