domingo, 1 de decembro de 2019

QUEN É QUEN?


Boas a todos e a todas!
Son unha das mestras de Educación Primaria que chegou nova ao colexio para este curso académico, o 2019-2020.
Como vedes na foto, cando era moi cativa era loura de ollos azuis, pero a día de hoxe son moi diferente. Non me parezo case nada á meniña da imaxe. Son todo o contrario, a nivel físico.
Son a irmá mediana de tres que somos na miña familia. Como case todos e todas, ou iso supoño, de pequena pasaba o día rifando e facendo rabear ás miñas irmás, sobre todo á máis pequena. Agora, a situación é ben distinta, xa que non podemos vivir as unhas sen as outras.
Os meus debuxos favoritos eran os de Dragon Ball Z. Encantábanme esa loitas e trifulcas que duraban como 10 ou 20 capítulos. Pero aí estábamos todos e todas cada día, esperando para velos.
Tamén me gustaban os programas e outros debuxos que emitise o Xabarín Club, na TVG.
Pero en realidade, debuxos víamos poucos, xa que pasabamos o día na rúa xogando, cos amigos/as e veciños/as, á mariola, ás gomas, andando coa bicicleta ou cos patíns,… Foron tempos estupendos! Só nos recollíamos para merendar un bocadillo de pan con chocolate ou unha peza de froita, ou porque xa era tarde para continuar nas rúas.





Adiviñades quen podo ser?

Un saúdo a todas e a todos!


Ningún comentario:

Publicar un comentario