O pasado 20 de marzo comezou a primavera.
As circunstancias para darlle a benvida non son as mellores. Por iso pensamos esta sinxela actividade para que poidades xogar coas vosas nenas e nenos e pasar mellor o confinamento.
Trátase dun xogo de memoria. Podedes descargar e imprimir o documento pdf.
Como se xoga?
Hai que poñer todas as cartas boca abaixo. Por quendas, dáselle a volta a dúas cartas para ver se son parella de iguais. Se non o son, temos que acordarnos do lugar onde estaba para a próxima quenda e intentar atopar a parella.
Algún consello...
- Dádelle moita cor a estas cartas de primavera!
- Para que sexan un puco máis resistentes, poden pegarse a unha cartolina ou cartón e logo recortalas.
Agardamos que vos guste e que xoguedes moito coas cartas de primavera.
O EDLG QUEDA NA CASA PARA LOITAR CONTRA O VIRUS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario