xoves, 2 de abril de 2020

FAI O TEU PROPIO XOGO DE MEMORIA

Hoxe queremos compartir con vós un xogo moi sinxelo e divertido que podedes facer na casa.

 Se tedes a sorte de vivir coas vosas avoas ou avós animádevos a xogar xuntos. É unha oportunidade excelente para falar en galego con eles e preguntarlles, por exemplo, a que xogaban de pequenos.
 Ademais exercitar a memoria sempre é unha boa idea para calquera idade! 

Precisades:
  • tapóns de plástico
  • un folio
  • tesoira
  • pegamento
  • lapis de cores
Como se fai?

1. Repasamos o contorno dos tapóns sobre o folio e coloreamos os círculos de diferentes cores. 


2. Recortamos e pegamos os círculos sobre os tapóns. Co resto de folio recortamos rectángulos e pintamos series de cores alternándoas. 




Como se xoga?
Pode xogar só unha persoa, unha parella ou varias persoas por quendas. 
Ensinámoslle unha das tarxetas á xogadora ou xogador durante cinco segundos e logo agochámola. Ten que recordar a serie de cores e ordenala correctamente cos tapóns. 

É moi doado para ti?

Podes complicar o xogo tanto como queiras!  Só tes que engadir tantos tapóns de cores como desexes. Atréveste con sete?


Agardamos que vos gustase esta idea. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario