Mirade este vídeo!
Facer un pouco de maxia é moi sinxelo. Seguide lendo para descubrir o truco...
Precisades:
- Dous folios
- Lapis de cores
- Rotulador permanente
- Unha funda de plástico tamaño folio
Como se fai?
1. Collede un dos folios e debuxade ou escribide o que queirades. Despois coloreade o voso debuxo.
2. Metede o debuxo coloreado dentro da funda de plástico. Por riba do plástico, repasade o contorno do debuxo con rotulador permanente.
3.Por último, metede o outro folio en branco por diante do que está coloreado. Tirade do folio en branco e...maxia!!!
Por se vos gusta, deixámosvos este modelo que podedes imprimir e colorear. Ben sabedes que nunca choveu que non escampara.
Ningún comentario:
Publicar un comentario