martes, 21 de abril de 2020

ALUMNADO CREATIVO

Unha boa proba de que Zarek é un gran artista son todas as súas creacións. 





Grazas Zarek!
💓😀💓

xoves, 16 de abril de 2020

ALUMNADO CREATIVO



Que vos parece este coelliño de Pascua que fixo Aldara? Quedou ben bonito!

Precisades cartón, pinturas e un pouco de algodón.



Grazas Aldara!
💓😊💓

mércores, 15 de abril de 2020

MAXIA!

Mirade este vídeo! 

Facer un pouco de maxia é moi sinxelo. Seguide lendo para descubrir o truco... 

ALUMNADO CREATIVO

Que vos parecen estas galletas? 
Queredes coñecer a cociñeira e o cociñeiro desta delicia?

venres, 10 de abril de 2020

martes, 7 de abril de 2020

ALUMNADO CREATIVO

Joel comparte con nós unha estupenda idea...tocar un instrumento musical!

Se vos iniciastes na aprendizaxe dalgún instrumento, podedes aproveitar para practicar moito e mellorar. 

A Joel xa lle sae xenial esta peza...

Alguén sabe cal é?



Grazas Joel, es un auténtico artista!!!
💓😀💓

ALUMNADO CREATIVO

Hoxe compartimos con vós unha foto de Ian e de Nayra, na que nos ensinan como se poden pasar mellor estes días na casa. 



venres, 3 de abril de 2020

xoves, 2 de abril de 2020

ALUMNADO CREATIVO!

Manuel está feito todo un artista! 

Quixo compartir con nós esta idea que podemos facer na nosa casa. Empregou un tubo de cartón e papeis de cores. O resultado xa o vedes, moi bonito!




FAI O TEU PROPIO XOGO DE MEMORIA

Hoxe queremos compartir con vós un xogo moi sinxelo e divertido que podedes facer na casa.

 Se tedes a sorte de vivir coas vosas avoas ou avós animádevos a xogar xuntos. É unha oportunidade excelente para falar en galego con eles e preguntarlles, por exemplo, a que xogaban de pequenos.
 Ademais exercitar a memoria sempre é unha boa idea para calquera idade! 

Precisades:
  • tapóns de plástico
  • un folio
  • tesoira
  • pegamento
  • lapis de cores
Como se fai?

1. Repasamos o contorno dos tapóns sobre o folio e coloreamos os círculos de diferentes cores.